Translate

miércoles, 5 de mayo de 2021

EXPOSICIÓN DA TAREFA E REFERENCIAS FINAIS

 Tras ultimar as dúbidas pendentes onte nunha tutoría co mestre, consensuamos que o traballo está finalizado e listo para ser exposto ante os nosos compañeiros e compañeiras mañá: Xoves, 6 de maio de 2021.

Os nervios comezan a aflorar pero podemos afirmar que estamos moi satisfeitas co resultado obtido😊. Esperamos que sexa de utilidade para os nosos compañeiros e compañeiras e que vos agrade tanto a vós, coma a eles mesmos/as e aos nosos mestres.



Referencias 

Abanca (2018). Conferencia: salud y bienestar. Claves para una vida sana, Espazo +60 Coruña [Imaxe]. https://www.afundacion.org/images/cesionsalas/52788/salud_bienestar__maxwidth.jpg

Captura Actividade 1 de Autoría propia.

Captura Actividade 2 de Autoría propia.

Captura Actividade 3 de Autoría propia.

Captura Actividade 4 de Autoría propia.

Captura Actividade 5 de Autoría propia.

Captura Actividade 6 de Autoría propia.

Captura Actividade 7 de Autoría propia.

Captura Actividade 8 de Autoría propia.

Captura Actividade 9 de Autoría propia.

Captura Actividade 10 de Autoría propia.

Captura Healthy Breakfast de Autoría propia.

Captura Historia en Scratch personaxe (giga) de Autoría propia.

Captura Historia en Scratch personaxe (tera) de Autoría propia.

Captura Historia en Scratch personaxe (nano) de Autoría propia.

Captura Índice sesión 2-3 de Autoría propia.

Captura Índice sesión 4 de Autoría propia.

Captura O PowerPoint das "i" sistema óseo de Autoría propia.

Captura O PowerPoint das "i" índice de Autoría propia.

Captura Sé como Sportacus come froita de Autoría propia.

Captura Sesión 1. Células de Autoría propia.

Captura Sesión 1. Virus e bacterias de Autoría propia.

Captura Sesión 1. Funcións vitais de Autoría propia.

Captura Sesión Final. A función de nutrición é a máis importante das funcións vitais de Autoría propia.

Captura Sesión Final. Que tipo de célula é esta? de Autoría propia.

Captura Sopa de letras: células, virus e bacterias de Autoría propia.

Espeso P. (2021).  Paso a paso: cómo crear un Kahoot! para usar en clase [Imaxe]. https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/tutorial-crear-un-kahoot-para-clase/

Fandom (s.d.). Sportacus [Imaxe]. https://lazytown.fandom.com/es/wiki/Sportacus

Freepik (2017). Dibujos de reunión de negocios vector gratuito [Imaxe]. https://image.freepik.com/vector-gratis/dibujos-reunion-negocios_23-2147610324.jpg

Heack yeah reactions (2014). Looney Tunes Nothing To See Here Gif [GIF]. https://giphy.com/gifs/the-end-thats-all-folks-lD76yTC5zxZPG

Imgur (2016). Coffee Fry GIF [GIF]. https://giphy.com/gifs/oZEBLugoTthxS

Pinterest (s.d.). Image result for robbie rotten gif [GIF]. https://www.pinterest.de/pin/671528994412155182/

Sapapepa (22 De Novembro De 2012). Lazy Town- Dulces Sanos [Vídeo]. https://www.youtube.com/watch?v=PRRPcHtC7b8

Xunta de Galicia (s.d.). Scratch [Imaxe] https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1554983496/contido/RoboticaEnElAula/scratch.html#?nav=false

lunes, 3 de mayo de 2021

DESPEDIDA DO BLOG E A TAREFA

 Efectivamente esta viaxe chega ao seu fin. Despois dun moi longo percorrido polo corpo humano e a saúde despedímonos do blog e o material didáctico creado.


Foron semanas moi atarefadas onde xurdiron diversos problemas que tivemos que resolver de maneira cooperativa, con imaxinación e paciencia, pero finalmente conseguimos realizar o que consideramos que é un bo traballo e o mellor de todo é que nós tamén nos divertimos mentres o facíamos.

Persoalmente foi un verdadeiro pracer traballar coas miñas compañeiras xa que o realizamos todo de maneira efectiva dando sempre o 100% neste traballo e considero que esto se reflexa no resultado.

Ademáis agradecemos, en nome do equipo, aos mestres de TIC por descubrirnos e animarnos a utilizar tantas ferramentas novas que sen dúbida incorporaremos no noso futuro traballo como mestras para demostrar aos nenos e nenas que aprender tamén pode e debe ser divertido.

Desexamos que disfrutarades con este traballo da misma forma que o fixemos nós.

Esto non é un adeus, é un ata a próxima. Mentres tanto, recorda todos os bos consellos de Sportacus e os seus amigos, leva a cabo unha dieta variada, fai exercicio e recorda, calquera momento é bo para divertirse, incluso aprendendo!


SESIÓN FINAL. Avaliación

Para concluir esta tarefa quixemos centrar a última sesión en avaliar todos os contidos explicados ata o momento, polo que decidimos empregar a ferramenta Kahoot e elaborar o noso propio quiz.


Nesta actividade final se incluen preguntas de repaso sobre todos os temas en conxunto. Contamos cun total de 19 preguntas entre as que atopamos algunhas de verdadero ou falso e outras de escoller a resposta correcta, incluindo tamén imaxes relacionadas co que se pregunta.


(elaboración propia-captura de pantalla)

Ademáis engadimos dúas diapositivas máis ao principio e o final da tarefa animando primeiramente a participar e completar a actividade e por último felicitando aos alumnos e alumnas que chegaron ata o final.
Con esto rematamos o breve resumen das sesións que decidimos incluir no noso material didáctico e a continuación deixamos a actividade mencionada anteriormente para que lle botedes un ollo.


Esperamos que o atopedes entretido, un saúdo!

domingo, 2 de mayo de 2021

SESIÓN 4. Hábitos saudables para previr enfermidades

Para proseguir coa información referida as diferentes sesións abordadas, na número catro, como xa foi indicado, alúdese ao tratamento de condutas saudables e hábitos para reforzar as mesmas. En concreto, os contidos abordados son os seguintes:

(elaboración propia-captura de pantalla)

Co fin de traballar os diferentes bloques, propuxéronse unha serie de actividades realizadas nesta ocasión, con Educaplay. Dúas das mesmas xa foron compartidas con todos/as vós -"rosco" e "completar os ocos"-, sendo a terceira un crucigrama que persegue o obxectivo de afianzar a familiarización cos diferentes alimentos e as súas propiedades. 



Do mesmo xeito que nas sesións anteriores, a presentación pretende resultar o máis interactiva posible, facendo uso nalgunha ocasión de vídeos cortesía do propio Sportacus. 

(elaboración propia-captura de pantalla)

Esperamos que vos guste moito e o máis importante, que aprendades moito!

Un saúdo e ata a sesión final!

SESIÓN 2-3. Aparellos e sistemas

 A continuación, na sesión 2 e 3 traballaremos –como xa mencionamos anteriormente– os aparatos e sistemas do corpo humano. Para iso, apoiarémonos no PowerPoint teórico que elaboramos –o máis interactivo que poidemos na medida do posible– e dunha serie de actividades que nos axudarán a afianzar os coñecementos.

Este bloque de contidos, polo tanto, estará dividido da seguinte maneira:


(elaboración propia-captura de pantalla)

E as actividades nas que nos apoiaremos serán as seguintes:



Actividade 7:






Esperamos que vos guste e que sexa do voso agrado, calquera dúbida ou comentario estamos sempre ao voso dispor!!

Un saudiño.


sábado, 1 de mayo de 2021

SESIÓN 1. Células, virus e bacterias/funcións vitais

 Continuando na mesma liña da entrada anterior, seguimos falando do PowerPoint, esta vez para centrarnos nos contidos que desenvolvemos na mesma.

Nesta ocasión trataremos a primeira sesión, que será completada con entradas posteriores sobre as seguintes sesións, ata explicar por completo a presentación elaborada.

Deste modo destacamos 3 partes nesta sesión:

 


(elaboración propia-captura de pantalla)

Primeiramente atopamos as diapositivas relacionadas coas células, onde explicamos detidamente os 3 tipos de células que existen e as características da súa estructura. Despois falamos sobre os virus e bacterias diferenciando un de outro e destacando as características principais de cada un.

Por último centrámonos nas funcións vitais, que como xa dixemos en entradas anteriores, están explicadas brevemente mediante a historia elaborada mediante Scratch que podedes atopar na entrada nomeada Problemas con Scratch.

Nas sesións seguintes expoñeremos os temas que siguen a este. Mentres tanto podedes botarlle un ollo ás actividades que mencionamos anteriormente.

Ata a próxima!


viernes, 30 de abril de 2021

O POWERPOINT DOS "i" (inclusivo e interactivo)

 Despois de rematar coas tarefas mencionadas en entradas anteriores decidimos avanzar no PowerPoint que utilizamos a modo de fío condutor e de organización de todas as sesións.

Creamos primeiramente un índice explicando os temas que tratamos tanto na propia presentación como nas tarefas que fomos elaborando con distintos recursos dixitais. Despois entramos xa en materia explicando máis detalladamente cada punto coa axuda do noso personaxe guía Sportacus, que ofrece bos consellos a todos os rapaces e rapazas.

Quixemos aportar tamén unha certa interactividade no PowerPoint utilizando diferentes recursos que se nos ofrecen. Decidimos engadir novas actividades a modo de repaso ao final dos temas, algo visible sobre todo nas sesións 2 e 3 que tratan os distintos aparellos e sistemas.

Utilizamos diferentes figuras que representan estes elementos retando aos alumnos a completar e nombrar as partes de cada aparato, garantizando así a comprensión e a retención de información.

(elaboración propia-captura de pantalla)

Ademáis disto, intentamos facer unha presentación moi intuitiva e guiada. Así, no propio índice e noutras partes da presentación ofrécese a posibilidade de clicar sobre os diferentes temas, o que permitirá redirixir aos lectores ao tema escollido, co fin de facelo máis interactivo e divertido.

(elaboración propia-captura de pantalla)

Por último reflexionamos na gran diversidade de alumnos e alumnas que nos podemos atopar nas aulas, polo que decidimos incluir audios explicativos por se algún neno ou nena ten algún tipo de discapacidade e se lle dificulta aprender unicamente coas imaxes que se ofrecen.

Seguiremos traballando e actualizando este diario, saúdos!

jueves, 29 de abril de 2021

ACTUALIZACIÓN: bloque de contido de aparellos e sistemas

 

Tras comezar a traballar co material do PowerPoint, no que reuniríamos todos aqueles contidos de repaso máis teórico, percatámonos de que tiñamos programada tan só unha sesión para o bloque de contidos de aparellos e sistemas pero, tras moito reflexionar chegamos á conclusión de que sería unha sesión moi densa e, dado que temos a marxe, sería moito mellor dividilo en dúas.

Polo tanto, dunha sesión pasamos a precisar duas pola súa extensión e complexidade (xa que son contidos e conceptos relativamente novos para os nenos e as nenas). 

Así, o resultado e número final de sesións, en vez de ser catro, serían cinco: 

- Sesión 1: Células, virus e bacterias; así como tamén 3 funcións vitais. 

- Sesión 2: Aparellos e sistemas I.

- Sesión 3: Aparellos e sistemas II.

- Sesión 4: Hábitos saudables para previr enfermidades.

- Sesión 5: Avaliación final.

O traballo en si está destinado ao repaso xeral –unha vez explicado e estudiado o temario– para facilitar a distinción entre os diferentes contidos e refrescar a memoria. Por iso, propoñemos algunhas actividades de moitas que se poderían realizar no futuro con moita máis calma e tempo.

Non é factible profundizar moito en cada un dos conceptos, posto que non predispoñemos de tanto tempo como sería preciso e, ademais, estos xa serían traballados anteriormente na aula e estes están destinados simplemente ao repaso.

Non obstante e por outra banda, coa axuda do noso compañeiro Sportacus e os seus amigos, seguimos a traballar no PowerPoint teórico e nas actividades –que teñen coma obxectivo complementar os contidos–, para así facilitar a súa adquisión de un modo máis lúdico e ameno.

Un saúdo e que teñades un bo día!!

WebQuest: HEALTHY BREAKFAST

 Como traballamos nalgunhas das sesións CLIL anteriores, pareceunos axeitado procurar unha WebQuest para incluír nas actividades propostas das nosas sesións. Cabe recordar que segundo Adell (2004, p.2) a WebQuest trátase dunha “actividad didáctica que propone una tarea factible y atractiva para los estudiantes y un proceso para realizarla durante el cual, los alumnos harán cosas con información: analizar, sintetizar, comprender, transformar, crear, juzgar y valorar, crear nueva información...”

Facendo uso do buscador QuestGarden, atopamos unha marabillosa WebQuest para incluír na nosa sesión 4 que fundamentalmente trata a alimentación e os hábitos saudables. Diseñada por Alejandra Domínguez, realízase unha breve intrudución da boa alimentación para propoñer de seguido a creación dun almorzo consultando os enlaces propostos.


Do mesmo xeito que póñense en práctica os coñecementos dunha alimentación equilibrada, a tarefa proposta fomenta o traballo cooperativo, xa que propón a realización en equipo. Esta vía consideramos que é idónea para a dinamización da actividade, xa que fundamentalmente as propostas ata entón posuían carácter individual.

Esperemos que vos agrade este formato de traballo, pois para a sesión final, xa lle botamos o ollo a algunha que outra WebQuest!

Coidádevos moito.

Un saúdo noso e de Sportacus!😉

Fonte: Adell, J. (2004). Internet en el aula: las WebQuest. Edutec. Revista Electrónica de Tecnología Educativa, (17). http://www.edutec.es/revista/index.php/edutec-e/article/view/530/264

 

miércoles, 28 de abril de 2021

PROBLEMAS CON SCRATCH

 A medida que fomos avanzando coa historia en Scratch como comentamos en entradas anteriores deste blog, fumos atopando diversos problemas que conseguimos solventar con inxenio, imaxinación e un par de horas removendo a cabeza.

Como sabedes, Scratch pon a dispor de quen queira utilizala unha gran diversidade de personaxes para distintas situacións, sen embargo para outras non atopamos aquelo que especificamente necesitamos.

Esto foi o que nos aconteceu a medida que íamos desenvolvendo a historia. A temática está centrada na bioloxía, polo que certos elementos do corpo humano non están dispoñibles na aplicación de Scratch.

Cal foi a solución que lle demos a este problema? Efectivamente, crear os nosos propios personaxes.


A aplicación non permite engadir obxectos ou figuras sacadas de internet ou outros espazos, polo que a función de debuxo que se nos ofrece era xusto o que precisábamos para solventar esta dificultad.

Improvisando e repetindo unha e outra vez conseguimos crear os obxetos que precisábamos para que a actividade fose moito máis atractiva e tivese máis contido visual e non tanto texto, polo que finalmente estamos contentas co resultado acadado.

Deixamos por aquí a propia historia que elaboramos coa ferramenta Scratch, esperamos que vos guste.

Saudos!


NOVO RECURSO EN EDUCAPLAY (Completar un texto)

 Continuando con estes días de traballo intenso, aumentan o número de actividades co fin de afianzar os coñecementos das diferentes sesións. Nesta ocasión, tocalle o turno a un novo exercicio de Educaplay. Consiste no tratamento de conceptos relacionados coa saúde, a alimentación e os trastornos alimenticios a través de completar un texto coas diferentes palabras que se ofrecen.

A diferencia da anterior actividade con Educaplay que presentamos algunha que outra dificultade para insertala directamente no blog, agora xa somos unhas expertas!

Esperemos que vos guste e que vos animedes a completala ata facelo perfecto.

Un saúdo e vémonos pronto!:)


martes, 27 de abril de 2021

HISTORIA EN SCRATCH (funcións vitais)

Ao longo de esta semana continuamos avanzando tamén coa historia de Scratch que explica as funcións vitais.

Para facela máis atractiva para os nenos e nenas de primaria decidimos personificar as tres funcións esenciais mediante os personaxes que nos ofrece a propia aplicación de Scratch.

De este modo van aparecendo progresivamente estes bichiños que chamamos función de nutrición, función de relación e función de reproducción (respectivamente) e que nos explican resumidamente os motivos da súa importancia e os elementos que interveñen durante os diferentes procesos.

                          
(elaboración propia-capturas de pantalla)

Con esto pretendemos que os nenos e nenas aprendan de maneira máis divertida, convertindo estes temas que nun primer momento poden parecer aburridos para eles, en historias atractivas con personaxes e diálogos elaborados incluindo ademais outros obxectos e sonidos que collemos da propia aplicación.

Seguiremos traballando no desenvolvemento da tarefa e iremos actualizando este diario a medida que avancemos no mesmo e atopemos máis dificultades.

Mentres tanto un saúdo e non vos olvidedes de coidar a vosa alimentación en nome do noso guía Sportacus.  :)


SPORTACUS, O PERSONAXE GUÍA

 Para comezar a traballar na presentación, decidimos engadir o noso personaxe guía: Sportacus. Nada máis e nada menos que un superheroe áxil e deportista. A súa misión é mostrar a todos os nenos e nenas os bos hábitos de alimentación e exercicio físico.

Tal é o labor de Sportacus que o Ministerio de Sanidade e Consumo promoveu a visualización da serie Lazy Town, protagonizada polo noso heroe.

Valores como levar unha vida saudable, facer execicio físico e comer equilibradamente estarán moi presentes, e que mellor maneira de transmitilos que a través de Sportacus?

Deixámosvos co primeiro consello de Sportacus. Estade atentos, que sucederanse máis!

Nós continuamos traballando intentando dar forma á guía didáctica.


Bo día e un saludiño!!

Vídeo: Sapapepa (22 de Novembro de 2012). Lazy town- Dulces Sanos [Vídeo]. https://www.youtube.com/watch?v=PRRPcHtC7b8



PRIMEIRAS DIFICULTADES (Sopa de Letras - Ardora)

Hoxe imos tentar arreglar un problemiña e/ou dificultades coas que nos atopamos unha vez finalizada a actividade realizada en Ardora.

Unha vez gardada a tarefa e publicada, nun principio non sabiamos ben como podiamos compartila entre nós, pero unha vez coa axuda dos vídeos subidos no campus virtual foi moi sinxelo; posto que nun principio creíamos que con enviarnos o enlace era máis que suficiente (pero non).

A seguinte dúbida entrou á hora de compartir o enlace convosco, os nosos lectores, pois non se nos ocurría como podiamos facer.

A solución foi escribirlle un correo a un dos nosos mestres e suxestionounos subilo a Dropbox e deixarvos por aquí o enlace:

https://www.dropbox.com/sh/gvqxgv42xhpx9kc/AABxqnCMnlhzjDF6a4FIHBcea?dl=0

(se non vos funciona o arquivo htm que se atopa na primeira carpeta sempre poderedes descargar o arquivo zip, extraelo todo (descomprimilo) e entrar dende ahí ao arquivo htm para que funcione correctamente)

Polo resto, todo segue avanzando progresivamente, tanto o PowerPoint teórico coma tamén as actividades máis interactivas que aínda nos quedan por traballar nelas para poder rematalas e poñelas ao voso dispor.

Agora imos continuar coa faena! 😆

Un saúdo, e que teñades un bo día!


 




domingo, 25 de abril de 2021

SOPA DE LETRAS (células, virus e bacterias)


Na mañá de hoxe elaboramos unha sopa de letras coas ferramentas e recursos que nos proporciona Ardora, co obxectivo de traballar de maneira un pouco máis interactiva os contidos tratados no traballo e no PowerPoint teórico acerca das células, virus e bacterias.

Ao principio non sabiamos moi ben como había que traballar co programa, pero tras visualizar os vídeos subidos polos mestres de TIC no Campus Virtual e tras ler as recomendacións/instrucións proporcionadas, fíxosenos moi sinxelo e ameno crear a actividade: engadimos dez palabras –non máis para non facelo máis complexo– coas súas respectivas definicións e completámolo con imaxes que poden aportar algunha pista aos nenos e nenas que traballen nun futuro con dito material, así como tamén unha felicitación ao rematar a actividade e aplausos para que se sintan ben co resultado.



(elaboración propia-captura de pantalla)

Unha vez finalizada, decidimos probala e de primeira man non atopamos ningún erro aparente.

Ademais, como íamos ben de tempo, decidimos tamén comezar o proxecto en Scratch sobre as funcións vitais que realizan os seres humanos. Aínda non o rematamos, pero a súa idea xa está trazada e continuaremos coa súa execución ao longo da semana.

A idea e obxectivo que temos inicialmente é que lles resulte o máis divertido e ameno posible aprender algún dos contidos que son recollidos por excelencia no currículo, e tamén introducilos máis de cheo no uso das TIC.

Un saúdo a todos!


viernes, 23 de abril de 2021

AVANCES NOS RECURSOS DIXITAIS

 Tras decidir que tratar en cada sesión, puxémonos a traballar nos recursos dixitais a empregar para cada unha. Aquí amosamos o rosco creado para abordar na sesión terceira o tema de Hábitos saudables, saúde e alimentación. Para elo empregouse Educaplay, tal e como se viu na sesión CLIL semanal.

Esperemos que vos guste!

jueves, 22 de abril de 2021

PRIMEIRAS DECISIÓNS

Na tarde de hoxe acordamos reunirnos mediante a aplicación de Teams para decidir máis en profundidade sobre o rumbo que debería tomar o traballo de deseño de materiais didácticos para nenos e nenas de Educación Primaria, neste caso de 6º.

Primeiramente, decidimos asignar os temas que se desenvolverán en cada unha das sesións (neste caso 4), os materiais e soportes visuais que se utilizarán para tratar cada unha delas.

Deste modo, na primeira sesión abordaremos ou traballaremos os tipos de células, virus e bacterias, así como tamén as funcións vitais do ser humano; axudado por unha sopa de letras ou un crucigrama elaborados con Ardora (aínda o estamos a valorar) e unha historia en Scratch, respectivamente.

Na segunda sesión tratamos os aparatos e sistemas do ser humano apoiándonos nun PowerPoint interactivo que intentaremos crear e funcione con corrección e tal vez dunha WebQuest a modo de soporte.

Na terceira sesión desarrollaremos os hábitos saudables que é convinte adquirir e levar a cabo para levar unha boa vida e poder previr diversas enfermidades, centrándonos especialmente na alimentación e as dietas equilibradas así como na importancia do deporte.

Por último, como peche desta actividade determinamos destinar a última sesión a evaluar todos os contidos traballados mediante un Kahoot onde os alumnos e alumnas deberán responder ás preguntas que se plantexen sobre os temas analizando o seu nivel de comprensión dos mesmos.

Ademais, cabe destacar que todas estas sesións se verán reflectidas e explicadas nun PowerPoint elaborado por nós, funcionando deste xeito como fío conductor, onde posteriormente explicaremos con detalle todo o mencionado anteriormente.



miércoles, 14 de abril de 2021

BENVIDA


Boas! Somos tres rapazas que estudan no primeiro curso no Grao en Mestre de Educación Primaria  na USC e este é o noso blog, o cal iremos desenvolvendo pouco a pouco a modo de diario complementario do traballo de deseño de materiais didácticos na materia de Escola, Comunidade e TIC.

Nesta primeira entrada explicaremos as características principais do propio blog así como tamén as decisións máis revelantes que tomamos ata o momento en relación á actividade.

Deste modo, o tema escollido por nós foi "o ser humano e a saúde", profundizando nas funcións vitais do mesmo, os aparatos e sistemas que o forman e, por último, os hábitos saudables que se deben levar a cabo para evitar diversas enfermidades.

A medida que continuamos coa realización do traballo iremos actualizando tamén este ciber-diario, onde explicaremos os obstáculos que teremos que resolver e as solucións que aplicamos.

Esperamos que disfrutedes tanto do blog como do futuro traballo. 

Saúdos!

Uxía García Fernández

Ariadna Gil Fernández

Lucía Gil Fernández