Como traballamos nalgunhas das sesións CLIL anteriores, pareceunos axeitado procurar unha WebQuest para incluír nas actividades propostas das nosas sesións. Cabe recordar que segundo Adell (2004, p.2) a WebQuest trátase dunha “actividad didáctica que propone una tarea factible y atractiva para los estudiantes y un proceso para realizarla durante el cual, los alumnos harán cosas con información: analizar, sintetizar, comprender, transformar, crear, juzgar y valorar, crear nueva información...”
Facendo uso do buscador QuestGarden, atopamos unha marabillosa WebQuest para incluír na nosa sesión 4 que fundamentalmente trata a alimentación e os hábitos saudables. Diseñada por Alejandra Domínguez, realízase unha breve intrudución da boa alimentación para propoñer de seguido a creación dun almorzo consultando os enlaces propostos.
Esperemos que vos agrade este formato de traballo, pois para a sesión final, xa lle botamos o ollo a algunha que outra WebQuest!
Coidádevos moito.
Un saúdo noso e de Sportacus!😉
Fonte: Adell, J. (2004). Internet en el aula: las WebQuest. Edutec. Revista Electrónica de Tecnología Educativa, (17). http://www.edutec.es/revista/index.php/edutec-e/article/view/530/264
No hay comentarios:
Publicar un comentario