Para comezar a traballar na presentación, decidimos engadir o noso personaxe guía: Sportacus. Nada máis e nada menos que un superheroe áxil e deportista. A súa misión é mostrar a todos os nenos e nenas os bos hábitos de alimentación e exercicio físico.
Tal é o labor de Sportacus que o Ministerio de Sanidade e Consumo promoveu a visualización da serie Lazy Town, protagonizada polo noso heroe.
Valores como levar unha vida saudable, facer execicio físico e comer equilibradamente estarán moi presentes, e que mellor maneira de transmitilos que a través de Sportacus?
Deixámosvos co primeiro consello de Sportacus. Estade atentos, que sucederanse máis!
Nós continuamos traballando intentando dar forma á guía didáctica.
Bo día e un saludiño!!
Vídeo: Sapapepa (22 de Novembro de 2012). Lazy town- Dulces Sanos [Vídeo]. https://www.youtube.com/watch?v=PRRPcHtC7b8
No hay comentarios:
Publicar un comentario