Despois de rematar coas tarefas mencionadas en entradas anteriores decidimos avanzar no PowerPoint que utilizamos a modo de fío condutor e de organización de todas as sesións.
Creamos primeiramente un índice explicando os temas que tratamos tanto na propia presentación como nas tarefas que fomos elaborando con distintos recursos dixitais. Despois entramos xa en materia explicando máis detalladamente cada punto coa axuda do noso personaxe guía Sportacus, que ofrece bos consellos a todos os rapaces e rapazas.
Quixemos aportar tamén unha certa interactividade no PowerPoint utilizando diferentes recursos que se nos ofrecen. Decidimos engadir novas actividades a modo de repaso ao final dos temas, algo visible sobre todo nas sesións 2 e 3 que tratan os distintos aparellos e sistemas.
Utilizamos diferentes figuras que representan estes elementos retando aos alumnos a completar e nombrar as partes de cada aparato, garantizando así a comprensión e a retención de información.
Ademáis disto, intentamos facer unha presentación moi intuitiva e guiada. Así, no propio índice e noutras partes da presentación ofrécese a posibilidade de clicar sobre os diferentes temas, o que permitirá redirixir aos lectores ao tema escollido, co fin de facelo máis interactivo e divertido.
Por último reflexionamos na gran diversidade de alumnos e alumnas que nos podemos atopar nas aulas, polo que decidimos incluir audios explicativos por se algún neno ou nena ten algún tipo de discapacidade e se lle dificulta aprender unicamente coas imaxes que se ofrecen.
Seguiremos traballando e actualizando este diario, saúdos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario