A medida que fomos avanzando coa historia en Scratch como comentamos en entradas anteriores deste blog, fumos atopando diversos problemas que conseguimos solventar con inxenio, imaxinación e un par de horas removendo a cabeza.
Como sabedes, Scratch pon a dispor de quen queira utilizala unha gran diversidade de personaxes para distintas situacións, sen embargo para outras non atopamos aquelo que especificamente necesitamos.
Esto foi o que nos aconteceu a medida que íamos desenvolvendo a historia. A temática está centrada na bioloxía, polo que certos elementos do corpo humano non están dispoñibles na aplicación de Scratch.
Cal foi a solución que lle demos a este problema? Efectivamente, crear os nosos propios personaxes.
Improvisando e repetindo unha e outra vez conseguimos crear os obxetos que precisábamos para que a actividade fose moito máis atractiva e tivese máis contido visual e non tanto texto, polo que finalmente estamos contentas co resultado acadado.
Deixamos por aquí a propia historia que elaboramos coa ferramenta Scratch, esperamos que vos guste.
Saudos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario